En Insua Vidal Avogados somos especialistas no asesoramento en reclamacións de responsabilidade civil e seguro. Axudamos aos clientes a acadar a máxima indemnización derivada de accidentes de tráfico, neglixencias médicas, accidentes laborais, dende as nosas instalacións en Ribeira (Barbanza, A Coruña) ofrecemos servizos xurídicos aos nosos clientes de xeito presencial e a distancia vía internet. Prestamos asesoramento a particulares, empresas e institucións, a quen asesoramos en tódalas áreas do dereito, de xeito persoal e individual, comprometéndenos a ofertar nosos servizos con grande sensibilidade, máxima calidade e comunicación cos clientes.
 Neglixencias médicas Como especialidade destacada do noso despacho, temos en conta a delicada situación da vítima e a súa impotencia fronte a este tipo de casos, distinguíndonos por un trato cercano, persoalizado e profesional.  Accidentes de tráfico Defendemos o dereito das vítimas dun accidente a percibir unha indemnización polos danos sufridos nun accidente de tráfico. Como especialistas buscamos a máxima indemnización segundo o Baremo Legal de Tráfico.  Accidentes de traballo Por mor das múltiples implicacións e consecuencias físicas, mentais e económicas derivadas dun accidente laboral é altamente recomendable que confíe o seu caso a un profesional.  Responsabilidade civil A responsabilidade civil é a indemnización que procede do dano causado por un incumplimento contractual ou extracontractual, coa obligación de resarcir ou reparar o dano causado.  Dereito de familia Resolvemos todos os aspectos xurídicos relacionados co ámbito familiar: herencias, testamentos, divorcios, adopcións, patria potestade, separacións de bens, violencia familiar, liquidación de patrimonios, etc.  Dereito bancario Reclamamos xudicial e extraxudicialmente aquelas causas relacionadas co dereito bancario. A situación económica e as malas prácticas das distintas entidades bancarias fan que tratemos estos temas co máximo estudio e atención.
PRECISA AXUDA? CHAMÁMOLO GRATIS
Describa brevemente o seu problema no seguinte formulario. Chamámolo gratuitamente e informámoslle acerca da viabilidade do seu caso e as distintas opcións e procedementos relativas ao mesmo.
Os datos facilitados pasarán a formar parte dun ficheiro declarado ante a AEPD. Este ficheiro ten como finalidade atender ás consultas realizadas. Ao pulsar sobre o botón "Aceptar", vostede consente o tratamento destes datos coa finalidade mencionada. En relación cos datos solicitados, o usuario poderá exercitar os dereitos recoñecidos pola Lei e, en particular, os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación de datos e oposición, se resultase pertinente, así como o dereito de revogar o consentimento prestado para a cesión dos seus datos. Tales dereitos poderán ser exercitados polo usuario ou, no seu caso, por quen o represente, mediante solicitude escrita e asinada, dirixida á seguinte dirección: Miguel Angel Insua Vidal, C/ Álvaro Cunqueiro, núm. 3, 15960, Ribeira (A Coruña-España). A solicitude deberá conter os seguintes datos: nome e apelidos do usuario, domicilio a efectos de notificacións, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e contido concreto do dereito exercitado.
|