Dámoslles a benvida ao noso Despacho ubicado en Ribeira-A Coruña. En INSUA VIDAL AVOGADOS somos una firma seria, profesional e con amplo recorrido. A actuación profesional do Despacho, tanto con repecto ao cliente, como ante Tribunais e demais axentes implicados, aséntase no riguroso cumprimento das normas deontolóxicas da avogacía.
A clara vocación dos nosos letrados está orientada a axudar a cada un dos nosos clientes tanto nos procedementos xudiciais como extraxudiciais prestando asesoramento legal dun xeito cercano, posto que o noso compromiso cos seus intereses ampárase sobre as bases da independencia, confianza e integridade.
Distinguímonos pola involucración e participación activa dos profesionais en cada un dos temas que aceptamos, o predominio dunha elevadísima talle humana como valor absolutamente indispensable para achegar solucións innovadoras e eficientes coas cales se pretende atender á crecente demanda de servicios xurídicos especializados.
Coa especialización como bandeira, o compromiso coa calidade e conscientes de que somos depositarios da confianza dos nosos clientes como un dos elementos de sumo valor, xunto cun sólido compromiso pola excelencia, facemos nosa a idea de que nada é imposible a priori, e que ningunha aspiración lexítima que se nos expoña pode renunciarse sen antes, canto menos, ter loitado por ela.
Reunimos xuventude e experiencia, creando así un espazo dinámico e multidisciplinar, co fin de ofrecer sempre unha resposta xurídica axeitada ás necesidades dos nosos clientes.