Cando acudimos ao médico, xa sexa á sanidade pública ou privada por mor dunha doenza ou para que nos axude en calquer aspecto da nosa saúde que queiramos aliviar ou fortalecer, é frecuente que se produzca alguna neglixencia médica, con consecuencias traumáticas para as vítimas e familiares destas. Neste tipo de casos, dada a formación constante e práctica especializada por parte do noso equipo, ofrecemoslle aos nosos clientes a resposta legal máis axeitada para a reparación ou compensación do dano sufrido.
Dadas as singularidades deste tipo de asuntos que entroncan tanto na esfera individual de cada un, tratamos ao cliente con cercanía, ofrecendo un trato persoalizado, humano e informando en todo momento das posibilidades reales da consulta para non ter gastos inncesarios.
En Insua Vidal Avogados estamos altamente familiarizados co Dereito Sanitario e temos as condicións precisas para entender a información médica subxacente. Sometemos as consultas efectuadas polos interesados aos nosos médicos asesores independentes a fin de realizar un estudo previo de viabilidade médico-legal.
Contecte con nós para unha primeira visita gratuita, expóñanos seu caso e prepararémoslles un presuposto sen compromiso,
A continuación amosámoslle unha lista con las neglixencias médicas máis comúns:
- Falla de consentemento informado e da información previa do acto a realizar cas súas posibles alternativas e consecuencias.
- Intervencións cirúrxicas con resultado danoso para o paciente.
- Resultado non favorable en operacións de ciruxía estética, voluntaria, en liposuccións, colocación de próteses, etc.
- Retraso no diagnóstico médico.
- Transmisión por transfusión sanguínea de enfermidades como a hepatitis ou SIDA.
- Infeccións intrahospitalarias.
- Danos producidos polo propio material médico cirúrxico.
- Falecemento por non prestar asistencia sanitaria de urxencia.
- Alteración ou desobediencia de protocolos.
- Prescrición inadecuada de medicamentos.
- Non supervisar debidamente ao paciente no post-operatorio.